Saturday 18 de May de 2024

Juan Vázquez Amado ao campionato do mundo de Ironman


O miñense Juan Vázquez Amado vén de clasificarse para o Campionato do Mundo de Ironman 70.3 que se celebrará en decembro do 2024.

Obtivo a clasificación a pasada fin de semana no Ironman 70.3 de Cascais, pertencente ao circuíto mundial, tras rematar no 15º posto na clasificación xeral e no 5º posto do seu grupo de idade.